sexta-feira, 13 de novembro de 2015

"Galiza coa República catalá". Manifesto galego de solidariedade com Catalunya (ILG)

Galiza coa República catalá

Segunda feira 9 de novembro de 2015 é unha data histórica para o pobo traballador catalán, mas tamén para o resto das nacións, como a Galiza, sometidas a opresión por España.

O Parlament autonómico da Cataluña aprobou por maioría unha resolución que declara solemnemente “o inicio do proceso de creación dun estado catalán independente en forma de república” e abre un proceso constituinte.

Esta lexítima decisión é resultado da acumulación de forzas populares nun longo proceso en que a maioría do pobo traballador catalán chegou á conclusión de que as mudanzas sociais só son posíbeis dotándose dun Estado propio, soberano e democrático, sen a tutela de poderes externos.
A independencia catalá está intrinsecamente vinculada à superación das políticas ultra-liberais, das receitas de austeridade e cortes sociais que os partidos do réxime español aplican contra as maiorías sociais.


O anexo da resolución promovida pola CUP e Junts pel Sí garante algúns dos dereitos fundamentais que fan parte do programa reivindicativo dos movementos sociais, das históricas bandeiras con que saímos à rúa durante tantos anos.

O dereito à vivenda, ao aborto libre e gratuíto, a unha sanidade e educación públicas, à defensa das liberdades e os dereitos colectivos, à erradicación da pobreza enerxética, a unha política aberta que posibilite o dereito ao refuxio, a resolver o problema da débeda desde unha perspectiva social, están claramente concretados no documento aprobado polo Parlament.

Perante esta decisión soberana e democrática, a engrenaxe administrativa e represiva española e o seu aparello de manipulación mediática están a preparar nos últimos meses à “opinión pública” para xustificar un golpe institucional.

A política de intimidación, ameaza e criminalización non se restrinxe ao ámbito retórico. España vai empregar todos as ferramentas represivas, a aplicar a constitución post-franquista do 78 para esmagar a vontade catalá de construír unha nova sociedade nun país libre e soberano.

Como galegas e galegos que traballamos pola liberdade da nosa Patria, sabemos mellor do que ninguén da importancia de podermos decidir libremente sobre o noso para  avanzar como pobo e para podermos mellorar as condicións de vida das clases populares galegas. Tamém para nós, un futuro diferente depende de axirmos como nación de forma libre e soberana. Por iso, perante esta situación, as persoas e forzas políticas e sociais abaixo asinadas:

1.      Manifestamos o noso incondicional apoio á independencia de Cataluña.
2.      Transmitimos os nosos parabéns ao pobo catalán e ás súas organizacións políticas e sociais soberanistas pola decisión adoptada.
3.      Condenamos calquera medida represiva española destinada a imposibilitar unha República catalá.
4.      Convocamos o pobo galego para condenar os planos golpistas promovidos polos partidos do réxime e para saír ás rúas a condenarmos calquera tentativa de sufocar o seu dereito como pobo de conquistar a liberdade.


Galiza, 10 de novembro de 2015

Assinantes iniciais:
Ernesto Cañedo
Xosé Collazo
Pedro Cortegoso
Antón Escuredo
Mariola González
Igor Lugris
Susana Montesinos
Carlos Morais
Teresa Moure
Nestor Rego
Oscar Valadares

ATUALIZACIÓN: Publicamos a lista de peRsoas e organizacions e coletivos aderentes ate o 19/11/2015ás 19:00h.

Persoas:
Abraám Alonso Pinheiro
Afonso Becerra
Ângelo Pineda Marinho
Anjo Paz Amenedo
Armando Ribadulha
Cristina Fradeira Carrera
Daniel Amarelo Montero
Denis Penas Taboada
Dores Asorei
Duarte Correa Piñeiro
Heitor Muñoz
Luís Gonçales Blasco "Foz"
Matias R. da Torre
Nico Felgueiras
Paco Souto
Raul Gomez Pato
Roberto Rodrigues García


Organizacións:
Agora Galiza
Colectivo Nacionalista de Marim
Mar de Lumes
Movimento Continental Bolivariano
Partido Comunista do Povo Galego
Primeira Linha

Caso de querer aderir, tanto a título individual como membro dun colectivo, ou como organización, cubre o formulario.

Nenhum comentário:

Postar um comentário